CLUB DE XADREZ RECATELO
Se vives en Lugo ou na Coruña... ¡Somos o teu club!
| |
A orixe do club:
O Club de Xadrez Recatelo de Lugo nace en 1987 co máis auténtico sentido patriótico: Antonio tiña por costume azuzar ao bo de Camilo nas partidas de café que xogaban no Círculo das Artes, sociedade emblemática da cidade, pero un día pásase un pouco de rosca e pínchalle coa patria, a bandeira ou o exército; este, que normalmente pasaba, conduce a súa man, con exceso de enerxía cinética, directamente á cara de Antonio.

O Círculo impón unha dura sanción e expulsa a ambos por un mes, o de vacacións, agosto, xusta pena malia que as circunstancias nin sequera permitiron a Antonio poñer a outra mexela.
Así pois, Camilo decide montar o seu propio club. O local será o Bar Barcelona no barrio de Recatelo.
En setembro, coincidindo coas festas do barrio, convéncese ao dono do bar, o noso querido Jesús, para que organice un torneo de xadrez... ¡iniciando así a lenda do club!
Os nosos guerreiros:
No noso club, os xogadores que xogan habitualmente teñen unha media de elo fide entre 1800-2050 máis ou menos. No ano 2013 a nosa plantilla está formada por 3 equipos que xogan nas 3 primeiras ligas galegas. Oscilando o noso primeiro equipo, ao longo da nosa historia, entre a División de Honra e a 1ª Liga Galega.
No noso club, os xogadores que xogan habitualmente teñen unha media de elo fide entre 1800-2050 máis ou menos. No ano 2013 a nosa plantilla está formada por 3 equipos que xogan nas 3 primeiras ligas galegas. Oscilando o noso primeiro equipo, ao longo da nosa historia, entre a División de Honra e a 1ª Liga Galega.A sede:
O local de xogo actual (2017) (Estrada da Granxa, 130 - Lugo), tan só se utiliza durante as partidas da Liga Galega de Xadrez (case todos os sábados de xaneiro a abril). Fóra destas datas, a xente do club soémonos ver, aínda que un pouco aleatoriamente, polo Bar Tiempos Modernos da Avenida de Madrid, onde, sobre todo os venres pola noite, sempre atoparás a alguén do noso club ou, na súa falta, do outro gran club da cidade e eterno rival: o Círculo das Artes.
Contacto:
Se che gusta o xadrez e queres formar parte do noso club, podes poñerte en contacto connosco no seguinte correo electrónico: antonionietoabogado@gmail.com ou no teléfono 647 402 763, Anímate!